Tratamento dos datos de carácter persoal

Asociación Castelo Deporte, con domicilio en Casa Rodríguez (Castelo – Folgueira 35, 15189 Culleredo), é titular do sitio web travesiadoxalo.gal, e responsable dos ficheiros xerados cos datos de carácter persoal suministrados polos usuarios a través deste sitio web.

O titular dos datos consinte expresamente o tratamento por Asociación Castelo Deporte dos datos persoais que suministre voluntariamente, a través de formularios, correo electrónico ou outros medios electrónicos, así como os relativos á formalización de contratos, os proporcionados durante a vixencia dos mesmos, os que se obteñan a través da gravación de conversas telefónicas e os xerados pola navegación no sitio web para o cumprimento dos propios contratos, solicitude de información adicional remitida á empresa, a realización de estudos estatísticos e controis de calidade. Para o cumprimento das finalidades descritas, o asinante autoriza a cesión a terceiros colaboradores.

Do mesmo xeito o titular dos datos autoriza o tratamento dos seus datos con fins de envío de información e publicidade, incluso por vía electrónica, sobre ofertas, produtos, recomendacións, servizos, promocións, obsequios e campañas de fidelización, para o que autoriza a cesión dos seus datos agás indicación na contra, que poderá manifestar remitindo un correo electrónico a info@castelodeporte.gal.

En cumprimento do establecido na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, o titular dos datos poderá, en calquera momento, exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos seus datos persoais dirixíndose ao seguinte enderezo: Casa Rodríguez (Castelo – Folgueira 35, 15189 Culleredo), ou ben a través do buzón de correo info@castelodeporte.gal, ou por teléfono ao 881 942 986, adxuntando á súa petición fotocopia do seu DNI, pasaporte ou outro documento válido que o identifique.

O titular dos datos comprométese e obrígase a comunicar de xeito inmediato a Asociación Castelo Deporte calquera modificación que se produza nos datos de carácter persoal ou outros, a fin de que a información contida nos ficheiros de Asociación Castelo Deporte permaneza en todo momento actualizada e non teña erros, e responderá, en calquera caso, da veracidade dos mesmos, reservándose Asociación Castelo Deporte o dereito de excluir dos servizos rexistrados a todo titular que facilitara datos falsos, sen perxuizo do resto de accións que procedan en Dereito.

No caso de achegar datos dun terceiro deberá contar co consentimento deste e informar inmediatamente á persoa ou persoas das cales achega datos de carácter persoal sobre estes puntos.

Todos os datos son tratados con absoluta confidencialidade, non sendo accesibles a terceiros para finalidades distintas para as que foron autorizados.

Emprego de cookies

O acceso á nosa web implica o emprego de cookies co obxecto de recoñecer aos usuarios que se rexistraran e poder ofrecerlles un mellor servizo e máis personalizado, así como información técnica.

As cookies non permiten acceder a datos de carácter persoal nin, en xeral, a datos do disco duro.

As cookies son ficheiros de texto de pequeno tamaño que se almacenan no disco duro ou na memoria do ordenador empregado por cada usuario para que o servidor recorde certa información que posteriormente pode empregarse.

Aqueles usuarios que non desexen recibir cookies ou queiran ser informados antes de que se almacenen no seu ordenador, poden configurar o seu navegador a tal efecto. Asociación Castelo Deporte non garantiza o correcto funcionamento dos servizos que ofrece se non se aceptan cookies.

No caso de que Asociación Castelo Deporte prestara algún tipo de servizo especial no que determine unhas previsións específicas diferentes ás comentadas no relativo ao emprego de cookies, terá primacía a aplicación das normas particulares indicadas para ese servizo por enriba das presentes, en caso de incongruencia ou contradición.

Google Analytics

Esta web emprega Google Analytics como sistema de estatísticas. Google Analytics é un servizo analítico de web prestado por Google Inc., unha compañía de Delaware cuxa oficina principal está en 1600 Amphitheatre Parkway, Mountain View (California), CA 94043, Estados Unidos (“Google”).

Google Analytics emprega “cookies”, que son arquivos de texto ubicados no ordenador, para axudar á web a analizar o emprego que fan os usuarios do sitio web. A información que xera a cookie ao redor do emprego do sitio web (incluíndo o enderezo IP) será directamente transmitida e arquivada por Google nos seus servidores nos Estados Unidos. Google empregará esta información por conta de Asociación Castelo Deporte co propósito de seguir a pista do emprego do sitio web, recompilando informes da actividade do sitio web e prestando outros servizos relacionados coa actividade do sitio web e o emprego de internet.

Google poderá transmitir dita información a terceiros cando así o requira a lexislación, ou cando ditos terceiros procesen a información por conta de Google. Google non asociará o seu enderezo IP con ningún outro dato do que dispoña Google. Pode vostede rexeitar o tratamento dos datos ou a información rexeitando o emprego de cookies a través da selección da configuración axeitada no seu navegador. Non obstante, debe saber que se o fai pode que non poida empregar coa plena funcionalidade esta web. Ao empregar esta web vostede consinte o tratamento de información por Google na forma e para os fins indicados.

Os detalles completos das cookies que emprega Google Analytics pódense atopar en Cookies e Google Analytics na documentación para o código de Google Analytics de seguemento.

Ademais de rexeitar cookies, tamén pode instalar no seu navegador o complemento de inhabilitación de Google Analytics, que evita que Google Analytics recompile información sobre visitas a sitios web.

Cookies de terceiros

As cookies de terceiros son as cookies creadas por un servizo externo cando se emprega unha páxina na nosa web. Estas cookies son específicas dos dominios de terceiros, e en consecuencia os datos contidos poden ser vistos e xestionados por un terceiro.

Responsabilidades

Asociación Castelo Deporte declina calquera responsabilidade sobre a información contida nesta web procedente de fontes alleas á empresa, así como dos contidos non elaborados pola mesma.

Asociación Castelo Deporte non está obrigado a controlar ningunha transmisión feita a través desta web. Por outra banda, Asociación Castelo Deporte ten dereito de controlar calquera transmisión feita desde ou cara esta web co fin de asegurar a información, sen que isto signifique ningunha obriga para esta sociedade.

Ligazóns

Asociación Castelo Deporte non pode garantir que as ligazóns a outros lugares sexan exactos no momento do seu acceso. Os lugares aos que apuntan as ligazóns pertencen a persoal externo a Asociación Castelo Deporte, polo tanto Asociación Castelo Deporte non asume ningunha responsabilidade polos contidos dos lugares aos que apuntan. As eventuais referencias que se fagan nesta web a calquera produto, servizo, ligazón, hipertexto ou calquera outra información empregando a marca, o nome comercial ou o fabricante ou suministrador, etc. que sexan titularidade de terceiros, non constitúen nin implican respaldo, patrocinio ou recomendación por parte de Asociación Castelo Deporte.

Información legal

Cada vez que acceda ás páxinas web de Asociación Castelo Deporte debe asegurarse que revisa o contido desta páxina.

Información xeral

Asociación Castelo Deporte

Sede social: Casa Rodríguez (Castelo – Folgueira 35, 15189 Culleredo)

Correo electrónico: info@castelodeporte.gal

CIF: G -70153788