#SOMOSDEMONTE

O monte é un fantástico pulmón de vida. Os que cada día do ano traballamos pola súa conservación queremos que exista sempre, e que os nosos fillos poidan gozar del como o facemos nós desde pequenos.

Detrás da Travesía do Xalo, do esforzo dos case cen voluntarios que facemos posible este día de festa no Xalo desde hai oito anos, está un compromiso co futuro do lugar no que vivimos.

castelodeporte

MODALIDADES

ASÍ É A TRAVESÍA DO XALO!

Carreira

Un sensacional reto de 21,3 quilómetros cargados de sorpresas por camiños, pistas e carreiros inéditos polo Monte Xalo.

Andaina

O mellor plan para unha mañá de domingo. 10 quilómetros de marabillosas paisaxes e sendas de conto por zonas inéditas do monte...

Para os máis pequenos

Tres percorridos por Castelo pensados para nenas e nenos que comezan a correr polo monte coa mesma ilusión que os maiores.

ASÍ QUEDOU A

CLASIFICACIÓN

Carreira

21,3 km.

NO 2017 FOMOS...

290

NA CARREIRA

352

NA ANDAINA

60

NAS CARREIRAS INFANTILES

A FESTA

DO MONTE

CHURRASCADA E MÚSICA!

 

Hai quen conta que á Travesía do Xalo non se anota por correr nin por camiñar, senón polo churrasco. Non sabemos se é realmente así, pero que as tiras e os chourizos á grella a cargo dos veciños de Castelo teñen algo especial...

O remate da Travesía do Xalo adoita converterse nunha sensacional festa!

PARA OS MÁIS PEQUENOS...

Hai uns anos soubemos que moitos pais e nais deixaban de participar na Travesía do Xalo por non poder levar aos nenos ao monte, ás veces pola dificultade dos percorridos no caso dos máis pequenos, e outras porque se cadra os cativos preferían quedar xogando.

Por iso creamos un servizo de ludoteca, de 9.00 a 14.00 horas, onde profesionais da organización de actividades de lecer terán preparados un lote de xogos para que gocen case tanto como os maiores polo Xalo.

TEMOS

LUDOTECA

CONTACTA CON NÓS!

Enderezo

Casa Rodríguez · Lg. Castelo - Folgueira 35, 15189 Culleredo (A Coruña)

E-mail

info@travesiadoxalo.gal

Teléfono

881 942 986

WordPress Theme built by Shufflehound. Un proxecto de A Betacunca para a asociación Castelo Deporte